Vídeo “Ameaza invisble”

12 Dec Vídeo “Ameaza invisble”

Animámosvos a ver o vídeo da representación e do posterior coloquio da obra “Ameaza Invisible” que se realizou no Auditorio do Concello de Vigo o venres 1 de decembro polos alumnos da Escola Municipal de Teatro de Vigo.

O propósito deste proxecto é difundir a información sobre os estudos que realiza o CSIC no ámbito da ecofisioloxía dos mexillóns e as algas tóxicas. Partindo desta temática, os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro crearon e escribiron este guión.

Nel se conta a historia dunha intoxicación sufrida por unha serie de persoas nun corto espazo de tempo. Unha vez estas acuden ao hospital, os servizos médicos alertan a varias institucións sobre a continua aparición destes casos nos últimos tempos. A policía entón, ponse a investigar a orixe da intoxicación.

Mentres vemos o desenvolvemento desta realidade, e de xeito paralelo, tamén imos descubrindo aspectos da vida do fondo do mar das nosas rías, descoñecidos habitualmente para nós, pero que afectan á vida diaria dos cidadáns.

Moitas grazas a Jose Antonio Rodríguez Marcos (Un amigo de Madrid en Vigo)

 

Sen comentarios

Publica o teu comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para obtener más información.

CERRAR