13 Mar Día Mundial do Teatro 2019
O 27 de marzo celébrase en todo o mundo “O Día Mundial do Teatro”. Con tal motivo, a Escola Municipal de Teatro de Vigo organiza un acto que terá lugar o martes 26 de marzo, ás 19:00, no Auditorio do Concello de Vigo, e consistirá nunha mostra de diversas escenas representadas por alumnado da escola.
Ao comezo deste acto lerase a mensaxe internacional do Día Mundial do Teatro, o autor é o director de escena, dramaturgo, educador teatral e profesor cubano Carlos Celdrán.
Programación Día Mundial do Teatro 2019
Sen comentarios