14 Feb Entroido 2019
Durante o Entroido, a Escola Municipal de Teatro de Vigo desenvolverá diferentes actividades para animar esta celebración. En todas elas contaremos co acompañamento da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD).
Para levar a cabo as dúas animacións que se detallan a continuación, solicitamos a colaboración do alumnado, familiares, amigos e antigos alumnos.
- O martes 5 de marzo realizarase a queima do Meco. Para este evento deberase estar ás 22:00 na praza da Constitución para acompañalo ata a Porta do Sol, onde terá lugar a súa incineración aproximadamente ás 22:30. A intención é crear un ambiente funerario e por iso o único requisito é levar unha indumentaria tétrica (vestir un traxe de morte, esqueleto, zombi…)
Unha vez queimado o Meco, outra animación depositará as súas cinzas no seu ataude. A idade mínima para participar é 9 anos e os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun familiar adulto.
- Por último, o mércores 6 de marzo deberase estar ás 18:00 xa que ás 18:30 procederase co enterro do Meco. Neste caso, búscase crear un ambiente de velorio e realizarase unha comparsa de llorones e lloronas, do mesmo xeito que en anos anteriores. O percorrido será rúa Príncipe – Colón – Policarpo Sanz – Porta do Sol.
A idade mínima para participar é 4 anos e os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun familiar adulto.
As persoas interesadas en participar en todas ou nalgunha das actividades, poden apuntarse na secretaría da escola a partir do xoves 14 de febreiro ata o xoves 28 de febreiro. Realizarase un ensaio onde explicaremos en detalle a organización e resolveremos dúbidas.
Sen comentarios