Podes aprender a través do programa de formación anual ou apuntarte ós obradoiros puntuais que ofrecemos durante o verán.
No Itinerario de Dramatización, pensado para nenos entre 4 e 8 anos, potenciamos as competencias comunicativas do alumnado e buscamos xerar interese polo teatro e a cultura.
No Itinerario Básico, organizado en tres grupos de idades e en tres niveis, o alumnado aprende técnicas para expresar ideas e sentimentos potenciando a súa expresividade corporal/vocal e proporcionando os recursos interpretativos para iniciarse na práctica teatral.
O seguinte paso é o Itinerario Medio, organizado en dous grupos de idades e en tres niveis, está orientado cara unha formación teórico práctica, para a utilización correcta do corpo e da voz nun contexto e linguaxe de tipo realista.
Posteriormente no Itinerario avanzado, organizado en dous niveis diferentes profundiza nos principios e fundamentos que permiten ó alumnado utilizar correctamente o seu corpo e a súa voz, en función dunha linguaxe non realista e realista a través do traballo en diferentes xéneros e tendencias teatrais.