23 Mar COVID-19: Proposta de Xogos Teatrais
A nosa metodoloxía está composta de varios tipos de propostas: exercicios que potencian a creatividade, a imaxinación, a espontaneidade, a percepción, a sensibilidade, a eliminación de complexos e inhibicións, o reforzo da autoestima, a autonomía e a personalidade…
Practicamos co alumnado centos de exercicios e moitas veces fannos suxerencias para desenvolver na aula, isto fíxonos reflexionar e queremos facer a seguinte proposta: crear entre todos un catálogo de xogos teatrais. Se este traballo sae adiante tentaremos facer unha publicación desta tarefa.
Para preparar este catálogo e que teña coherencia, temos que crear unha estrutura, comezar pola base, con exercicios básicos de desinhibición, que permitan ir expresándose de forma cada vez máis libre, un proceso no cal se vai perdendo a vergoña e o medo que impide actuar de acordo aos sentimentos, desexos ou capacidades.
Estamos abertos ás vosas propostas, pero tede en conta que estas deben ser orixinais e inéditas, pero tamén poden ser versións ou adaptacións de exercicios xa realizados na aula.
Sen comentarios