Entroido 2019

Cartel Entroido 2019 EMT

14 Feb Entroido 2019

Durante o Entroido, a Escola Municipal de Teatro de Vigo desenvolverá diferentes actividades para animar esta celebración. En todas elas contaremos co acompañamento da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD).

Para levar a cabo as dúas animacións que se detallan a continuación, solicitamos a colaboración do alumnado, familiares, amigos e antigos alumnos.

  1. O martes 5 de marzo realizarase a queima do Meco. Para este evento deberase estar ás 22:00 na praza da Constitución para acompañalo ata a Porta do Sol, onde terá lugar a súa incineración aproximadamente ás 22:30. A intención é crear un ambiente funerario e por iso o único requisito é levar unha indumentaria tétrica (vestir un traxe de morte, esqueleto, zombi…)

Unha vez queimado o Meco, outra animación depositará as súas cinzas no seu ataude. A idade mínima para participar é 9 anos e os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun familiar adulto.

  1. Por último, o mércores 6 de marzo deberase estar ás 18:00 xa que ás 18:30 procederase co enterro do Meco. Neste caso, búscase crear un ambiente de velorio e realizarase unha comparsa de llorones e lloronas, do mesmo xeito que en anos anteriores. O percorrido será rúa Príncipe – Colón – Policarpo Sanz – Porta do Sol.

A idade mínima para participar é 4 anos e os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun familiar adulto.

As persoas interesadas en participar en todas ou nalgunha das actividades, poden apuntarse na secretaría da escola a partir do xoves 14 de febreiro ata o xoves 28 de febreiro. Realizarase un ensaio onde explicaremos en detalle a organización e resolveremos dúbidas.

Sen comentarios

Publica o teu comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para obtener más información.

CERRAR